O Labirinto Ario O Labirinto Ario no VII Festival de Cans
RURAL UNDERGROUD
 
 
Selo de Calidade e Orixinalidade coa Certificación denominación de ORIXE RURAL UNDERGROUND

O cinema RURAL UNDERGROUND é un método expresivo de revolución estética vangardista, inventando e experimentando atrevidos recursos fílmicos. Utilizando para elo mecanismos narrativos para construir unha realidade alternativa que, apelando as emocións, consiga lavar as mentes e dobrar as voluntades.

Curtas autóctonas saciadas na sombría e de inconscente dixestión da paisaxe percibida. Unha retrospectiva dun só bloque, cun determinismo artificial elexido para disfrazar o teu pensamento, para movilizar á opinión e intentar contribuir a crear unha contrarealidade.

Neste campo perceptivo, de falsificación voluntaria da realidade, transformamos os recordos a nosa realidade cotidiá e ilustramos os recordos cunha ensoñación intrínseca do relato filmado.

Os puntos principais deste caleidoscopio RURAL UNDERGROUND son os seguintes:
   
  Defender a nosa lingua. O galego.
Exercer de embaixadores ó promocionar e impulsar nas curtas a nosa Comarca e Vila Histórica.
Reflectir nos filmes os núcleos tradicionais.
Aproveitar os valores paisaxísticos do noso Patrimonio Cultural.
Potenciar a Cultura Popular e as nosas tradicións.
Experimentar cos recursos rurais as novas vangardas audiovisuais.
Falar de produción e fomentar a participación dos veciños de zonas rurais no cinema.

 
NOVAS
 
FORO FACEBOOK
 
APADRIÑA UNHA CURTA
 
AGRADECEMENTOS E COLABORADORES AGRADECEMENTOS E COLABORADORES
 
XUNTA DE GALICIA XUNTA DE GALICIA
NOVAS APADRIÑA UNHA CURTA NOVAS
novodesenho_
mail Valid CSS Valid XHTML