O Labirinto Ario O Labirinto Ario no VII Festival de Cans
Actuais Anteriores Futuros
PROXECTOS ANTERIORES
 
PUNTO E FINAL

O noso primeiro filme, PUNTO E FINAL dirixido por Alfredo Pardo, e baseado nun conto do escritor brasileiro Rubem Fonseca foi estreado o 21 de agosto de 2002 e contou coa participación na rodaxe de máis de 200 veciños da Vila, iniciando a revolución audiovisual en Chantada. Contou co apoio técnico da TV local TELEVINTE e misturando a 7ª Arte ca 9ª a carátula foi debuxada polo pai do cómic underground patrio Nazario.

Esta primeira experiencia cinematográfica, resultado dun ano de produción, conta a historia de Xosé, un mozo escritor frustrado, egocéntrico e alcohólico, que gaña un importante premio literario. Vive con Ligia, unha rapaza de forte carácter posesivo, que se mata polas infidelidades do escritor.


 

| FICHA TÉCNICA |
Equipo técnico

Director: Alfredo Pardo Hermida
Compositor música: José Manuel Sálamo Otero
Director de fotografía: David Vázquez Vázquez
Xefe Son: Sergio Lemos Rodríguez
Axudante de dirección: Oscar Iglesias Araujo,
David Pardo Hermida
2º Operador - Cámara: David Vázquez Vázquez
Imaxe gráfica: Nazario

Outros datos
Formato: Curtametraxe
Duración: 28 min.
Xénero: Drama
Modalidade: Ficción
Convocatoria: Produción
Formato gravación: Betacam
Idioma gravación / Rodaxe: Galego
Ano de produción: 1999

Equipo artístico
Protagonistas: María José Rodríguez Vázquez, Javier Díaz Jorge

Ver galería da curta»
Ver curta íntegra»
   
CRÍTICAS
 
 
“La villa de Chantada y otros puntos del municipio quedarán plasmados en el primer mediometraje que se produce en la localidad bajo el título Punto e Final y la dirección de Alfredo Pardo Hermida. Este chantadino presenta una adaptación literaria del cuento Amarguras de un joven escritor, del autor brasileño Rubém Fonseca”.

(El Progreso, 25/04/2002)

 
“Tras una serie de vicisitudes, cargadas de humor negro y de claras referencias a personajes y situaciones de la cotidianidad chantadina, un final sorprendente desvela la auténtica vida y obra del protagonista a quien, según explica el director, pensar no le ayudó a vivir”.

(El Correo Gallego, 27/08/2002)

 
“A súa afección polo cine medra co seu distanciamento da política de partidos; sente a necesidade de mesturar o cine americano de baixo presuposto de tódalas épocas coas vangardas europeas. E, o máis importante de todo, falar de autoprodución cos labregos, pensionistas, fidalgos e outros escuros personaxes da comarca, futuros extras dos seus proxectos audiovisuais”.

Óscar Iglesias Araujo
Xornalista. (sobre ó director de Punto e Final, publicado na Axencia Audiovisual Galega).
 
 
 
NOVAS
 
FORO FACEBOOK
 
APADRIÑA UNHA CURTA
 
AGRADECEMENTOS E COLABORADORES AGRADECEMENTOS E COLABORADORES
 
XUNTA DE GALICIA XUNTA DE GALICIA
NOVAS APADRIÑA UNHA CURTA
novodesenho_
mail Valid CSS Valid XHTML
NOVAS