O Labirinto Ario 15 ANOS DE RURAL UNDERGROUND LOLA
PROXECTOS FUTUROS
 
• LOU CARRIGAN
 
En exclusiva imos presentarvos o noso vindeiro proxecto audiovisual.

Un dos mellores escritores de novela popular, D. Antonio Vera Ramírez (Barcelona, 1934), que deixou o seu traballo nun banco para escribir novelas de aventuras co seudónimo de LOU CARRIGAN, colaborará con Chantada Films e será o encargado de escribirnos un relato de terror e o seu guión cinematográfico.

D. Antonio Vera comezou a publicar nas máis prestixiosas editoriais da época: Rollán, Bruguera, Manhattan, Petronio, Producciones Editoriales, Ceres, logo en Ediciones B, e ultimamente en Ediciones Vosa e Editorial Salvat, xa en outra liña.

Na súa longuísima traxectoria profesional –que conta con máis de MIL OBRAS PUBLICADAS- LOU CARRIGAN pronto se fixo famoso en todo o continente americano –máis de 2.500 edicións- e en España –máis de 3.500 edicións-.

LOU CARRIGAN colaborou, sempre con éxito e altamente valorado e apreciado, en 121 coleccións de novelas de aventuras de tódolos xéneros publicados polas mellores editoriais de España e en 60 coleccións de todo tipo no estranxeiro. A destacar: F.B.I., Servicio Secreto, Punto Rojo, Gangsters!, Bisonte, La Conquista del Espacio, Búfalo, Rurales de Texas, Patrulla de Combate, Selección Terror, Kiai!, Doble Juego, La Huella, Oeste Legendario, Bravo Oeste e Leyendas del Oeste. Tamén en Orgullo Mexicano e Texas, publicadas por Ediciones B para a súa venda directa en México.

Lou Carrigan con 30 anos
Retrato de Lou Carrigan aos 30 anos realizado por Manuel Prieto Muriana
 

Así pois dentro dos lectores dos Bolsilibros e coa evolución dos mesmos, LOU CARRIGAN foi requirido para iniciar e consolidar coleccións con novos formatos como as series Murder Club, Fiction Club, Los Intocables, Western Club, Escalofrío, Dodge, Oeste, S.O.S., Misterio, onde foi colaborador básico imprescindible e moi solicitado.

Da extensa produción de LOU CARRIGAN, cabe destacar a serie de gran éxito editorial protagonizada pola espectacular, simpática e mortífera espía Brigitte Baby Montfort que arrasou no mercado Brasileiro. Sendo tamén publicado en España, Portugal, Italia e Holanda.

LOU CARRIGAN escribiu tamén unha considerable cantidade de relatos para España, e guións para cómics directamente para Francia –ilustrados polo seu amigo e gran debuxante Luis Montañá-, de entre os que cabe destacar a súa creación dos personaxes Bwana e Thunderman. E para Alemaña moi especialmente numerosos capítulos do personaxe He Man, da serie Masters do Universo.


Lou Carrigan con 30 anos
Lou Carrigan na actualidade
 

LOU CARRIGAN NO CINEMA

Seis novelas de LOU CARRIGAN foron levadas ó cine.

NO IMPORTA MORIR (Leon Klimovsky) Bélico
LA BANDA DE LOS TRES CRISANTEMOS (Ignacio F. Iquino)    Gánsters
VEINTE PASOS PARA LA MUERTE (Manuel Esteba Gallego)     Oeste
LA DILIGENCIA DE LOS CONDENADOS (John Wood) Oeste
LOS BUITRES CAVARÁN TU FOSA (John Wood) Oeste
UN COLT POR CUATRO CIRIOS (Steve McCohy) Oeste

LOU CARRIGAN NA TELEVISIÓN

Tamén escribiu guións para televisión, onde gañou dúas veces consecutivas o Premio Permanente de Guións para o espazo Estudo 3, que foron emitidos no seu día por TVE.
• LA MUÑECA VIEJA Y FEA  (Domingo Almendros)
• UN TELEVISOR PARA LA ABUELA  (Juan Guerrero Zamora)

ESCORZO DUNHA ENTREVISTA
- Cal é o seu nome?

- “Antonio Vera Ramírez. Pero como decía el filósofo chino, no sé si soy Antonio Vera soñando que soy Lou Carrigan o si soy Lou Carrigan soñando que soy Antonio Vera”.

© Lou Carrigan

ENLACE AO BLOG E PÁXINA OFICIAL
Para saber todo sobre Lou Carrigan e comprar as súas obras visita o seu blog.
www.loucarrigan.com


 
 
• PULP 70'
 
Das escuras mentes pensantes da Editorial Vilmar sae de imprenta en 1972 o cómic PÁNICO –Relatos de terror para adultos–. Todo un clásico e caótico caderno pulp de historietas en branco e negro, que aparece á venda nos quioscos a 25 pesetas no formato folio e 12 pesetas no tamaño pequeno.

A arte bizarra de PÁNICO consistía en apropiarse sen tapadeiras, de relatos gráficos de outras revistas da época, coma Vampus ou Rufus, e incluso nun acto de delirio editorial repetir historietas na mesma publicación. O psicotrónico formato pequeno, é totalmente inclasificable, xa que omite números, repite portadas e os guionistas e debuxantes están esvaecidos no esperpento do esquecemento.

PÁNICO aglutinaba os elementos fantásticos como xerador do medo, monstros e terror irracional dunha orixe inexplicable. A maioría dos seus relatos son dunha grande calidade artística e gráfica, e así superou ó centenar de exemplares.

O reto de CHANTADA FILMS é transformar o pulp PÁNICO de celulosa á celuloide. Adaptaremos unha ou varias historietas nunha curtametraxe. Será a primeira vez en Galiza que se fai unha adaptación dun relato gráfico deste terrorífico tebeo.

Esta novidosa idea, a cabalo entre o cinema de experimentación e as vangardas audiovisuais máis rural underground, será reforzada coa orixinalidade que consistirá en filmar plano a plano a exactitude da historieta, utilizando nos efectos especiais un sofisticado programa en 3D e mesturado todo con actores reais.

 

 
NOVAS
 
FORO FACEBOOK
 
APADRIÑA UNHA CURTA
 
AGRADECEMENTOS E COLABORADORES AGRADECEMENTOS E COLABORADORES
 
XUNTA DE GALICIA XUNTA DE GALICIA
NOVAS APADRIÑA UNHA CURTA NOVAS
novodesenho_
mail Valid CSS Valid XHTML