O Labirinto Ario 15 ANOS DE RURAL UNDERGROUND LOLA
NOVAS
 
Até sempre Paul Naschy
Chantada | Venres 11/12/2009
Foto adicada de Paul Naschy Foto adicada de Paul Naschy  

A mediados dos anos 90 Paul NaschyJacinto Molina– atendeu a miña chamada. No 96 estaba rodando a película LICANTROPO de Francisco Rodríguez Gordillo. Entrei temoroso no xigantesco portal, subindo as antigas escaleiras non sabía ben o que me ia atopar. Quizais abriría a porta Drácula, a Momia ou a Waldemar Daninsky.

Pero non, diante tiña a un dos mellores actores do fantaterror español, que iniciou a súa carreira no ano 1968. Estivemos falando máis de catro horas no seu despacho. Foi unha conversa sincera, amable e en ocasións moi confidencial. Paul Naschy dicía o que pensaba con tódalas consecuencias, as súas verbas resoaban nas catro paredes pousadamente, repasando os seus inicios no cinema, os seus filmes malditos e os futuros proxectos.

Despois o seu fillo sacounos varias fotos que gardo con gran agarimo. Jacinto Molina marchou, pero Paul Naschy esta xa na inmortalidade dos mitos cinematográficos.

   
 
 
<< voltar ó índice de novas
 
NOVAS
 
FORO FACEBOOK
 
APADRIÑA UNHA CURTA
 
AGRADECEMENTOS E COLABORADORES AGRADECEMENTOS E COLABORADORES
 
XUNTA DE GALICIA XUNTA DE GALICIA
NOVAS APADRIÑA UNHA CURTA
novodesenho_
mail Valid CSS Valid XHTML