|
|
Ampliar para ver a portadas e a dedicatorias |
D. Antonio Vera –Lou Carrigan– cumpriu o 2 de Xullo 75 anos, dende Chantada Films queremos felicitar o Mestre da novela popular española. Tanto polo seu aniversario como pola súa traxectoria profesional sempre chea de éxitos editoriais.
Queremos tamén recordarvos tanto aos lectores veteranos coma as novas xeracións, que podedes adquirir as obras de Lou Carrigan na páxina web Lulu. Onde constantemente se están a renovar todas as súas novelas por xéneros.
Alí tamén podedes atopar as aventuras da espía máis guapa e perigosa do mundo, Brigitte en Acción, co formato de tamaño A5.
Os nosos parabéns a Lou Carrigan e boa lectura a todos.
|