O presidente do Círculo do Saviñao Enrique Sampil, o dobre de Franco Ramón Pérez, o actor coruñés Alejandro Carro e o director Alfredo Pardo.
Ver máis fotos»
|
|
A proxección da curta O LABIRINTO ARIO, non só serviu para conmemorar o medio século de vida do Circulo Cultural Recreativo do Saviñao, se non que tamén foi a súa primeira actividade de proxección audiovisual. Así pois, o Circulo do Saviñao demostra, xunto ao seu presidente Enrique Sampil, o apoio aos proxectos cinematográficos de novos realizadores de curtametraxes e o Circulo sexa punto de encontro e divulgación destes traballos fílmicos que atopan sempre moitas trabas nas canles de distribución e proxección.
O LABIRINTO ARIO proxectouse o Sábado 05 ás 23:00 h. A pesares de que a actriz Mela Casal non puido asistir por motivos de enfermidade, xunto ao presidente Enrique Sampil, encontrábanse o director da curta Alfredo Pardo, o actor coruñés Alejandro Carro e o monfortino Ramón Pérez.
Ao remate houbo unha charla-coloquio que se prolongou máis dunha hora, na cal os asistentes puideron coñecer os entresixos da rodaxe, as técnicas de produción, posprodución e montaxe dunha curta asinada pola guionista Ana B. Diz.
Dende Chantada Films, agradecemos o grande interese que amosou tanto a Xunta Directiva do Circulo do Saviñao coma tódalas persoas que asistiron a esta velada cinematográfica. |
|
|
Novas Relacionadas |
El Progreso (04/12/09)
La Voz de Galicia (24/11/09)
La Voz de Galicia (05/12/09)
La Voz de Galicia (08/12/09)
|
|
|
|