O Labirinto Ario 15 ANOS DE RURAL UNDERGROUND LOLA
NOVAS
 
Pedro Vera realiza o cartel de O Labirinto Ario
Chantada | Luns 11/05/2009
Ampliar o cartel da curta O LABIRINTO ARIO  
   
Pedro VeraAutorretrato de Pedro Vera
[+ ampliar]
para ver portadas dos seus cómics de "Ortega y Pacheco"
 
 
O responsable gráfico do cartel da curta O LABIRINTO ARIO é Pedro Vera (San Pedro del Pinatar, Murcia, 1967). Na súa máis tenra infancia empezou a ler Mortadelo e Filemón, pero son os cómics Vampus e Rufus os que lle marcarían as directrices a seguir na súa carreira profesional.

Aqueles claroscuros baixo a batuta gráfica de Corben, Ortiz e Auraleón entre moitos outros, e posteriormente con Jack Kirby, influenciarían na mente de Pedro Vera para as súas futuras creacións historietísticas en branco e negro.

A pasión polo cine que ten Pedro Vera entraría a lampreazos grazas a Bud Spencer e Terence Hill, homenaxeados moitas veces nos seus traballos. Tal é a pasión que asegura que lle gustan máis que os seus personaxes. “Para mí, son una religión y no acepto críticas, soy muy intransigente en este aspecto. Quien hable mal de Bud y Terence delante de mí, se arriesga a ser abofeteado públicamente”.

En 1993 recibe o premio o mellor guión no Concurso Murcia Joven e en 1994 gaña o Concurso de Cómic Ciudad de Cornellá. Foi fundador da revista murciana El Tío Saín, e colaborou tamén en publicacións como La Comictiva, Kovalsky Fly, Annabel Lee e Subterfuge.

En 1995 Pedro Vera foi nominado “Autor revelación” no Salón do Cómic de Barcelona. En 1996 volveu a gañar o Concurso Murcia Joven e comeza a publicar a súa serie Ortega y Pacheco no diario La Opinión de Murcia. Un ano despois colabora na revista Ruta 66 e continúa facendo historietas para El Tío Saín, creando o persoaxe Nick Platino. Os seus iconoclastas e buñuelianos cómics de bruto humor negro, aterran en 1998 na revista satírica El Jueves. Dende ese ano e tódalas semanas os seus fillos Ortega e Pacheco seguen coas súas hilarantes aventuras cheas de caspa, famosetes, sudor cañí, telebasura e unha estética truñesca cunha expresividade que moi poucos debuxantes consiguen realizar.

Ortega e Pacheco según Pedro Vera “Son excusas animadas que ejecutan mis más oscuros anhelos de justicia social. Un par de garrulos aficionados a perturbar la mansa balsa de aceite podrido en la que actualmente todos flotamos un poco. Espero que sigan despertando la risa y la simpatía durante mucho tiempo”.
 

Para saber máis Pedro Vera:

Pedro vera en murciacomic.com
Pedro vera en wikipedia
Ortega y pacheco wikipedia
Nick Platino wikipedia
Páxina oficial de El Jueves

 
<< voltar ó índice de novas
 
NOVAS
 
FORO FACEBOOK
 
APADRIÑA UNHA CURTA
 
AGRADECEMENTOS E COLABORADORES AGRADECEMENTOS E COLABORADORES
 
XUNTA DE GALICIA XUNTA DE GALICIA
NOVAS APADRIÑA UNHA CURTA
novodesenho_
mail Valid CSS Valid XHTML