O Labirinto Ario 15 ANOS DE RURAL UNDERGROUND LOLA
NOVAS
 
Chantada Films apoia a Banda Deseñada Galega
Chantada | Martes 19/01/2010
Kiko da Silva Kiko da Silva, director e fundador da revista RETRANCA  

Xa pasaron máis de dous anos dende que a revista de humor galego RETRANCA saíra ás rúas co lema “LERASNOS DE MORTO SE NON NOS LES DE VIVO”. Esta publicación chegou ó mercado disposta a recuperar a longa tradición humorística galega, cunha distribución de 8.000 exemplares.

Kiko da Silva é o director e fundador do proxecto, ao que se suman entre outros Manuel Rivas e Miguelanxo Prado. Humoristas gráficos coma Xaquín Marín, Pinto & Chinto, Kohell, Leandro, Luis Davila, Andrés Meixide ou Xosé Lois. Dende fóra do país achegan as viñetas de Idígoras&Pachi ou Mel.

A iniciativa parte do humorista gráfico e ilustrador Kiko da Silva, e quere ocupar un espazo ata agora descoidado nas bancadas, segundo explica “hoxe en día non hai ningunha publicación adicada a nos facer rir de nós mesmos en Galicia, e coa tradición de humor que temos, con nomes coma Castelao, Fernández Flórez, Julio Camba, Siro ou Pepe Carreiro non é de crer que non haxa público”.

A petición de RETRANCA aos seus lectores de apadriñar algunha páxina, Chantada Films apadriñou a do mestre Xaquín Marín, anunciando a nosa curta O LABIRINTO ARIO.

Longa vida a B.D. galega

   
Kiko da Silva
Nº 23 da revista RETRANCA
     
Páxina apadriñada por Chantada Films    
[+ ampliar]    
Páxina deRETRANCA patrocinada por Chantada Films    
<< voltar ó índice de novas
 
NOVAS
 
FORO FACEBOOK
 
APADRIÑA UNHA CURTA
 
AGRADECEMENTOS E COLABORADORES AGRADECEMENTOS E COLABORADORES
 
XUNTA DE GALICIA XUNTA DE GALICIA
NOVAS APADRIÑA UNHA CURTA
novodesenho_
mail Valid CSS Valid XHTML