O Labirinto Ario 15 ANOS DE RURAL UNDERGROUND LOLA
NOVAS
 
O Labirinto Ario foi seleccionado nas IX Xornadas da Mostra
de Curtametraxes do Ateneo Ferrolán
Chantada | Sábado 19/12/2009
As almas do Fental  
 
O Ateneo Ferrolán xa ten a programación para a proxección os días 21, 22 e 23 de Decembro das IX Xornadas de Mostra de Curtametraxes. Nestes días amosarán curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.

Segundo informan no Ateneo Ferrolán "O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade."

Entre as oito producións galegas seleccionadas figuran O LABIRINTO ARIO de Alfredo Pardo e a tamén chantadina AS ALMAS DO FENTAL de David Vázquez. As curtas galegas proxectaranse o Luns día 21 de Decembro ás 19:00 horas.

<< voltar ó índice de novas
 
NOVAS
 
FORO FACEBOOK
 
APADRIÑA UNHA CURTA
 
AGRADECEMENTOS E COLABORADORES AGRADECEMENTOS E COLABORADORES
 
XUNTA DE GALICIA XUNTA DE GALICIA
NOVAS APADRIÑA UNHA CURTA
novodesenho_
mail Valid CSS Valid XHTML