O Labirinto Ario 15 ANOS DE RURAL UNDERGROUND LOLA
NOVAS
 
Actividades do Círculo do Saviñao en 2009-2010
Chantada | Venres 11/12/2009
Enrique Sampil, presidente do Circulo Recreativo de Escairón Enrique Sampil, presidente do Círculo do Saviñao  

Segundo nos informa a Xunta Directiva do Circulo do Saviñao, para o Venres dia 11 de Decembro as 20:00 h., Rosa García Machado presentara o seu libro de poemario POLICROMIA AO SOLPOR xunto o poeta Ramón Rodríguez Porto.

O Domingo dia 27 de Decembro, o Circulo do Saviñao presenta a primeira parte da Mostra de Teatro coa obra O FERREIRO DE SANTÁN de Manuel Daniel Varela Buxán, no Auditorio de Escairón, a cargo do grupo aficionado “Teátrica” da comarca de Vigo.

Ver tráiler de O FERREIRO DE SANTÁN»

A segunda parte da Mostra de Teatro será o Sábado dia 9 de Xaneiro, onde será representada a obra de teatro HISTORIA DE UNA ESCALERA, de Antonio Buero Vallejo no Auditorio de Escairón, a cargo da Aula de Teatro do Concello de Lugo e dirixida por Guillermo Cancelo. Esta obra foi representada en Escairón hai cerca de 40 anos polo Grupo de Teatro Valle Inclán de Escairón. Polo que a Xunta Directiva quere colaborar no recordo deste Grupo Teatral, desaparecido dos escenarios hai 30 anos, e en especial, quen fora o seu director, Antonio Rodríguez López.

O presidente da Entidade Enrique Sampil, quere comunicar que xa está dispoñible para os socios o acceso á internet no Círculo Saviñao, tanto no ordenador que adquiriu a sociedade coma por wifi. As persoas interesadas en realizar a conexión inalámbrica nos seus equipos deben de solicitar a clave de acceso ó responsable do ambigú.

   
 
 
     
<< voltar ó índice de novas
 
NOVAS
 
FORO FACEBOOK
 
APADRIÑA UNHA CURTA
 
AGRADECEMENTOS E COLABORADORES AGRADECEMENTOS E COLABORADORES
 
XUNTA DE GALICIA XUNTA DE GALICIA
NOVAS APADRIÑA UNHA CURTA
novodesenho_
mail Valid CSS Valid XHTML
s