HISTORIA DO CINEMA EN CHANTADA
 
APUNTAMENTOS PARA UNHA HISTORIA DA CINEMATOGRAFÍA EN CHANTADA
Artigo “Apuntamentos para unha historia do cinema en Chantada”ampliar [+]
  Descargar Artigo »  
       
       
Portada do libro “San Nazario”ampliar [+]   Dedicatoria de Nazario para Alfredo Pardo no libro “San Nazario”ampliar [+]  
       
       
       
Nas páxinas do libro Crónicas Chantadinas alóxase un pequeno estudo da historia do cinema en Chantada, onde a cultura visual implántase no ano 1912, grazas a Sociedade Recreativa La Liga de Amigos. O amosador de imaxes mudas faise presente nas “exhibicións e veladas cinematográficas”, e o prodixio da fotografía animada dos anos 20 chega a través de mercadores ambulantes de cine que percorrían as zoas rurais da xeografía galega para proxectar os filmes.

A irrupción do son experimentou nos primeiros anos 30, unha revolución –na técnica e na expresión- que obrigaría a adaptarse ás novas esixencias que se plantexaban. En Chantada a primeira sala cinematográfica sonora estable foi La Terraza, que xunto a Cinema Iris e Cervantes, conformarían a peza triangular básica na cultura audiovisual da Vila.

Entre 1941 e 1983 o Capitol e Yeca, son o resumo do esplendor como verdadeiro espectáculo fílmico de dous Cinemas que marcaron época. Apagando ó proxector o Cinema López Otero, inaugurado en 1990 e pechando as súas portas dous anos máis tarde.

Unha das principais planificacións no universo fílmico é o espazo físico. As localizacións de exteriores contribúen a que a figuración narrativa consiga un espazo-tempo que conteña cada unha das secuencias, e a provincia lucense serviu para unha variada composición da imaxe en diversos documentais, reportaxes, Noticiario Documental NODO e películas como Fuego, Cotolay, Maruxa, El bosque del lobo, Flor de Santidad, Beatriz, La Ley de la frontera ou Romasanta.

Finalizo este pequeno apuntamento coa revolución audiovisual en Chantada. Na era dixital, o mércores 21 de agosto de 2002, estréase na televisión local de Chantada Televinte, a curtametraxe Punto e Final, o primeiro filme rodado na Vila e na que participaron máis de 200 veciños.
 
CENSURA NO CINEMA
 
Na viaxe das redondas latas que contiñan ó celuloide dos filmes, ían acompañados unhas curiosas fichas de cualificación moral. O férreo control da censura por parte da Oficina Nacional Calificadora de Espectáculos Comisión Episcopal para la Doctrina de la Fe onde clasificaban as películas como: 1.- Tódolos públicos, 2.- Mozos, 3.- Maiores de 21 anos, 3R.- Maiores de 21 anos con reparos e 4.- Gravemente perigosa.

En cada tarxeta figura o título, o xénero o que pertence, o seu director, os actores e unha pequena sinopse do seu argumento e a súa crítica moral. Así pois filmes coma James Bond contra Goldfinger foi cualificada pola autoridade eclesiástica cun 3R, porque “con su apostura se lleva de calle cuanta hembra perversa le sale al paso (y le salen bastantes) y ello da lugar a situaciones y secuencias nada edificantes” ou Viridiana de Buñuel, cun 4, xa que afirmábase que “repele el tema, pues que sexo y religión se muestran en alardes extremos y con amarga y demoledora expresión; el escándalo producido en su alrededor ha servido a su propaganda”.

En Xunio de 1963 déixase de publicar a Cualificación Moral dos Espectáculos, pero a censura continúa. En 1966 a Dirección General de Cinematografía autoriza a proxección de filmes bíblicos en Semana Santa, xa que anteriormente existía unha norma que prohibía as sesión de cine nestas datas. O Cine Yeca proxectaba Rey de Reyes en tres sesións contínuas e Los Diez Mandamientos advertindo que “Por su larga duración se ruega muchísima puntualidad”.
 
CINE YECA
 
O espertar cinematográfico como verdadeiro espectáculo materialízase co Cine Yeca. Inaugurado o 18/10/1958, foi fundado polos irmáns Cabezas e Perfecto Yebra Fernández bautizando o Cine coas primeiras letras dos seus apelidos Yebra-Cabezas.

O edificio, cun total de 1.200 metros cadrados, aforo de 800 localidades, equipado cun moderno aparato de aire acondicionado Termobloc Wanson e cun proxector alemán Ossa60, foi calificado na prensa como “…uno de los locales más suntuosos de la provincia”.

Abre as portas ó domingo 19/10/1958 co filme animado da Walt Disney La dama y el vagabundo. Levar Disney á pantalla custou ó Cine Yeca 1.741,30 pesetas. Tamén foi o primeiro en estrear en toda Galiza a terceira versión de La casa de Troya.

Despois de acoller no seu escenario actuacións musicais, como o primeiro concerto que ofreceu Andrés Dobarro coa Coral Polifónica de Chantada, representacións teatrais, mitins dos principais políticos españois e, por suposto, infinidade de películas, o Cine Yeca pecha á mirada do espectador o 31/08/1983, sendo un dos seus últimos filmes proxectados En el estanque dorado.
 
 
NOVAS
 
FORO FACEBOOK
 
APADRIÑA UNHA CURTA
 
AGRADECEMENTOS E COLABORADORES AGRADECEMENTOS E COLABORADORES
 
XUNTA DE GALICIA XUNTA DE GALICIA
NOVAS APADRIÑA UNHA CURTA
novodesenho_
mail Valid CSS Valid XHTML